Por se non o sabiades, este blog veu por un cursiño que estou a facer, aclaro isto porque o post que ven a continuación non é como todos os anteriores, senón que é un traballo para o curso, aínda que tamén pode servir de utilidade para algúns. Imos falar das ferramentas de accesibilidade de Windows.
Windows ofrece unha serie de configuracións que poden facilitar o uso do equipo non so a personas con necesidades especiais, senón que poden ser adecuadas para moitos usuarios e a maior parte as descoñece, xa que poderán usar algunhas das funcións con máis comodidade ou de forma máis adecuada.
En Windows 7 atopámolas seguindo a ruta “Inicio: Panel de Control: Centro de Accesibilidad”, máis ou menos da mesma forma que nas versións anteriores do sistema operativo. Unha vez aberto temos varias opcións directas, como son “Iniciar lupa”, “Iniciar teclado en pantalla”, “Iniciar narrador” e “Configurar contraste alto” que son as que destacan de xeito directo xa que poden resultar de máis utilidade. A verdade é que a maior parte delas penso que están máis dirixidas a persoas con dificultades de visión en maior ou menor grado, e hai que ter en conta que unha das máis útiles non ofrece bos resultados en castelán, como é o narrador, que le en voz alta o texto da pantalla e algunha mensaxes de error, xa que ven configurado por defecto so para funcionar en inglés, non en castelán. Imos ver as opcións que temos e destacarei aquelas que me parecen de máis utilidade.
1.Usar o equipo sen pantalla (optimización para problemas visuais): aquí podemos activar o narrador, activar unha descrición de audio, desactivar todas as animacións non necesarias e establecer o tempo que se amosan en pantalla as notificacións.
2.Facilitar o uso do equipo: aquí están as que me parecen máis interesantes, como pode ser:
Contraste alto: ao activalo pódese facilitar moito a lectura de textos e imaxes, xa que escurece as partes sen texto e facilita a lectura, paréceme unha das opcións máis axeitadas para persoas con problemas de visión
Tamén podemos activar desde aquí o narrador, a descrición de audio e outra das opcións interesantes, o ampliador, que funciona como unha lupa que amplia a parte da pantalla á que apuntemos co rato, pudendo aumentar moito o tamaño do que se queira ver ou ler, polo que tamén me parece das máis interesantes
Podemos aumentar o color e a transparencia das ventás para que sexa máis fácil distinguilas, aumentar o grosor do rectángulo de foco (que fai máis groso o borde do elemento seleccionado nos cadros de diálogo) e establecer o grosor do cursor parpadeante, o que fará que en programas como o editor de textos se vexa mellor. Tamén desactivar todas as animacións non necesarias, facilitando a concentración no importante ou quitar as imaxes de fondo para mellorar a visibilidade (aínda que non funciona perfectamente nalgúns programas)
3.Usar o equipo sen rato nin teclado: aquí temos tamén opcións bastante interesantes, xa que hai persoas con dificultades para usar estes periféricos e incluso un mal funcionamento dalgún deles pode ser subsanado con estas opcións.
Podemos usar un teclado en pantalla que pode usarse co rato ou, o que é máis interesante, en pantallas táctiles que empeza a aparecer agora escribir directamente cun dedo ou un punteiro. Tamén é interesante, aínda que de momento o seu funcionamento en castelán é lixeiramente reducido, o uso do recoñecemento de voz, dispoñible en castelán e que, tras un proceso de aprendizaxe, permitirá usar bastantes comandos para abrir ou pechar ventás, usar certos programas, navegar por internet coa voz (con certas limitacións, pero moitas máis serían se non se usar), etc.
4.Facilitar o uso do rato: tamén interesante o seu uso para persoas con problemas de visibilidade, xa que nos permitirá cambiar a color e o tamaño dos punteiros do rato en pantalla, algúns verdadeiramente grandes, activar as teclas do rato para controlalo a través do teclado numérico e activar as ventas ao desprazar o rato sobre elas.
5.Facilitar o uso do teclado: bastante interesantes algunhas para todo tipo de usuarios, xa que por exemplo podemos activar que soe un pitido ao tocar certas teclas que en ocasións son pulsadas por error, como o bloqueo das maiúsculas por exemplo.
Aquí podemos activar as teclas do rato, activar teclas especiais (para non ter que pulsar varias teclas á vez, o que é útil para persoas con problemas de mobilidade manual), activar teclas de alternancia (estas son as que emiten un son cando as pulsamos), activar teclas filtro (para evitar que se teñan en conta tecleos moi rápidos ou involuntarios) e subliñar os métodos abreviados de teclado e as teclas de acceso para acceder co teclado aos cadros de diálogo.
6.Usar alternancia de texto ou visuais aos sons: podemos activar notificacións visuais para certos sons do sistema, moi imporante para persoas con problemas de audición; tamén activar subtítulos de texto que aparecerán en lugar de certos sons, aínda que é interesante non funciona ao cen por cen.
7.Facilitar o traballo con tarefas: que en xeral recolle opcións das mencionadas anteriormente polo que non as imos destacar
Estas son as opcións que ofrece o sistema operativo, pero tampouco imos deixar de mencionar algunhas outras de certos programas que poden axudar moito na accesibilidade e que moita xente descoñece. En Internet Explorer temos opcións de zoom que poden aumentar moito a lectura dunha páxina web sen necesidade de usar a lupa mencionada anteriormente; Microsoft Office ofrece unha opción para cambiar o fondo branco e a letra en negro polo contrario, un fondo escuro e o que escribamos aparecerá en branco, que pode ser máis que útil en certos casos.
Estamos lonxe de que o ordenador, sen engadirlle nada máis, xa que hai moitos programas axeitados para persoas con necesidades especiais (programas de recoñecemento de voz, de transformación a Braille nos dous sentidos...) poida ser usado por todo tipo de persoas, estas ferramentas son unha parte importante para algúns casos, pero non para todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario