Este ano celébrase o centenario dunha figura fundamental para a cultura galega, Celso Emilio Ferreiro. Xoán Gulías, coordinador do Equipo de Normalización Lingüística, compañeiro de traballo e amigo, dedicou unha boa cantidade de horas a filmar por distintos lugares do centro a alumnas, alumnos, profesoras, profesores, pais, nais e persoal non docente recitando breves fragmentos de varios poemas deste autor. Logo, penso eu, pasou aínda máis horas facendo esta estupenda montaxe cun resultado realmente bo. O que aparece ao principio e Luís Ferreiro, fillo do homenaxeado, e que estivo no instituto para inaugurar unha sala de lectura dedicada ao seu pai. Aquí está o vídeo completo, penso que merece moito a pena que o vexades enteiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moitas grazas polo link e, sobre todo, polo comentario. Síntome moi agradecido pola colaboración de todos neste pequeno proxecto.
ResponderEliminar