jueves, 18 de febrero de 2010

Reflexións para o profesorado de literatura

Acabo de ler no Faro de Vigo de hoxe unha entrevista a unha das miñas autoras favoritas, sobre todo polo entretida e ben documentada que é sempre, Matilde Asensi, con motivo da publicación da súa última novela, "Venganza en Sevilla". Vou reflectir literalmente as palabras que di ao remate da mesma, que son as que provocaron esta reflexión:
Periodista: "El número de lectores se ha incrementado, pero, ¿se enseña a los niños a amar la literatura?"
Matilde Asensi: "Desde que a una sobrina mía le hicieron leer "Olvidado Rey Gudú"... Quiero mucho a Ana María Matute y su obra me encanta, pero no para unos niños de 13 años. Se hace que odien la literatura. La literatura es un placer y hay que empezar por los tebeos, de chiquitines. Mira con Harry Potter si han leído... Y con la saga esa de los vampiros. Pregúntales sobre eso en los exámenes, ya verás cómo amarán los libros a muerte y acabarán leyendo a Matute, a mí o el Quijote"
Non habería moito máis que engadir. Como profesor de literatura sempre pensei que esa tendencia a obrigar ao alumnado a ler os clásicos era algo equivocada, sendo suave. Todos somos conscentes de que non contamos con grandes lectores e lectoras nas nosas aulas, e nos somos os que, moitas veces, conseguimos que sexan aínda menos lectores. Claro que nos gustaría que leran as grandes obras da literatura, pero hai que ser realista, facer iso non é máis que empuxalos a escapar da maravillosa aventura da lectura. Sempre pensei que se queremos conseguir bos lectores, aficionados á lectura temos que pensar naquelas obras que lles poidan gustar, que os poidan atrapar pola súa linguaxe, pola historia, pola forma de contala, e hai que darse conta de que os clásicos non están dentro destas ideas, polo menos para eles. O curso pasado os meus alumnos de 4º de PDC leron unha novela desta autora, "Tierra adentro", e quedaron, en xeral, encantados. A maior parte deles disfrutou da lectura, engancháronse coa historia e os personaxes, gustoulles moito. Se queremos que sexan lectores a medida que crecen temos que ofrecerlles cousas que lles poidan gustar e non historias que non teñen nada que ver con eles, nunha linguaxe que lles resulta retorcida, complicada e difícil de entender, ou polo menos mezclar unhas con outras, pero sempre buscando o entretimento, non a sesudez, a profundidade, a seriedade. Queremos lectores, non intelectuais, para iso xa terán tempo, non os levemos polo camiño de escapar da letra impresa, senón polo de acompañalos, indicarlles para que en certo momento eles sós poidan camiñar.

1 comentario:

  1. ola!!! estou moi de acordo co que dis de que non nos obriguen a leer cousas que nos van facer escapar da lectura realmete amin gustoume muito a tua forma de ensinarnos a leer os libros e a verdade e que agora aficioneime a ler libros e non dos pequeno pero se les con gusto sempre vas a ler mais e millor sobre todo se escolles algo que te chame a atención!! e ti eres dos pucos mestres que se dan conta diso ¡eres moi bo Juan!

    ResponderEliminar